Unha viaxe mitolóxica cara ao coñecemento financeiro
A exposición Ítaca é unha experiencia inmersiva e sensorial que transforma a aprendizaxe económica nunha aventura inspirada na Odisea de Homero.
A través de metáforas mitolóxicas e personaxes clásicos, os visitantes enfróntanse a retos financeiros cotiáns como o gasto impulsivo, a falta de aforro e as decisións de investimento.
Todo isto, nun percorrido deseñado para espertar a curiosidade, fomentar a reflexión e reforzar competencias esenciais para a vida.
Tecnoloxía + emoción = aprendizaxe activa
A quen vai dirixida?
ÍTACA está pensado para o público en xeral, con entrada de balde no horario de apertura do VELLO CÁRCERE.
Tamén se ofrecen visitas guiadas para grupos ou actividades para escolares , que podes reservar na seguinte ligazón:
ITACA: UNHA VIAXE POLA EDUCACIÓN FINANCEIRA
Pola mañá, a exposición adáptase a centros educativos, con actividades guiadas pensadas para os distintos niveis escolares. É unha ferramenta poderosa para traballar a educación financeira de forma transversal, lúdica e significativa, tanto de forma individual como familiar ou como parte dunha actividade didáctica escolar.
📆 Do 2 de outubro ao 13 de decembro
📍 Panóptico e calabozo da primeira planta de homes
