Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Inmersión ó interior’ – Concetta Montenegro e Luísa Paz

As pintoras lucenses Concetta Montenegro e Luísa Paz expoñen, no primeiro andar do panóptico, a mostra temporal ‘Inmersión ó interior’. Trátase dun total de 34 obras realizadas en acrílico sobre lenzo que plasman os sentimentos e vivencias propias nun estilo íntimo, persoal e libre.

No tocante á técnica, se ben Concetta se inclina pola experimentación a través da cor e da mancha, Luísa segue a liña da abstración lírica. Non obstante, as súas obras converxen na temática ao tratar, según as pintoras, “un amor profundo pola nosa Terra; dela proceden as musas que nos mergullan nun mundo de marabillas, un mundo persoal e único”.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de xuño de 2022 no bloque das celas de homes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *