Exposición temporal «Indianos, emigrantes» – Tito Casado e Inés Gómez

«Tito Casado é neto dun emigrante e autor da novela «El cerezo del cementerio», onde conta a dura vida do seu avó Elías, que con apenas 14 anos foise a Cuba en 1912, sendo analfabeto e sen ter saído nunca do seu pobo…

En colaboración con Inés Gómez, durante anos ambos investigan e recollen material do fenómeno migratorio que levou a milleiros de asturianos e galegos a emigrar cara a América. Algúns volveron cun pouco de diñeiro, moitos regresaron sen nada, uns poucos trouxeron o suficiente para vivir con folgura, mais a meirande parte fracasou e a súa historia pérdese no tempo, porque deles nunca máis se soubo…

As causas da emigración, a viaxe, a chegada, a integración no novo país, o retorno nalgúns casos, as obras dos indianos nos seus pobos de orixe… mais tamén os enganos ou a prostitución de moitas mulleres que protagonizaron a emigración feminina, menos numerosa ca masculina, máis tardía e sobre todo pouco coñecida, son algunhas das intensas historias recollidas nesta exposición…»

Tito Casado e Inés Gómez

 

📍 Bloque de homes – 1ª planta

🗓️ Do 22 de xuño ao 31 de agosto do 2026

 

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.