Exposición temporal «Historia e cultura do Pobo Xitano» – Asociación de Enseñantes con Gitanos e Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo

📢 Nova exposición temporal en O Vello Cárcere! (Moi fugaz! 🌠)

“Historia e Cultura do Pobo xitano” trátase dunha mostra que nos propón un percorrido pola historia do pobo xitano, coa fin de motivar unha mirada respectuosa sobre a cidadanía xitana.  

Organizada pola Asociación de Enseñantes con Gitanos e en colaboración coa Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo, está conformada por 18 paneis divididos en dúas seccións:

👉 Unha primeira parte onde se resumen 1 000 anos de historia deste pobo, e na que se salientan os feitos máis relevantes que sufriron na súa travesía dende o subcontinente indio ata a península ibérica.

👉 Unha segunda parte máis centrada na súa situación actual en España, abordando cuestións tan necesarias como os prexuízos e os estereotipos, o asociacionismo e a militancia política, a situación da muller xitana ou a interculturalidade e a convivencia. 

 

🗓️ Do 7 de abril ao 10 de abril de 2025

📌 Bloque de mulleres – planta baixa

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.