Exposición temporal «Gardiáns» – Jorge Arévalo

Razas bovinas como a Frieiresa, Limiá, Cachena, Vianesa ou Caldelá, xunto ca Ovella Galega, a Cabra Galega e a Galiña de Mós, son as protagonistas da nova exposición temporal. A mostra “Gardiáns”, de Jorge Arévalo, recolle 71 fotografías e 3 vídeos sobre estas razas autóctonas en perigo de extinción.

Lonxe de ser un catálogo de animais, o percorrido que nos ofrece o fotógrafo lucense afonda no vínculo que se xera entre eles e as persoas, relación que define tamén a propia cultura labrega. Verbas de Olga Novo, inspiradas nestas imaxes e nas historias detrás delas, complementan o percorrido xunto cun poema de María Sánchez e un texto de Castelao.

A Área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) colaboran nesta mostra que se poderá desfrutar ata o 12 de outubro. 

 

🗓️Do 26 de setembro ao 12 de outubro do 2025

📌Celas de mulleres – 1ª planta

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.