Exposición temporal «Galaica» – Diego Beyró

Esta exposición é un reflexo da procura espiritual e artística de Diego Beyró a través das diversas rutas do Camiño de Santiago, o Camiño Francés, o Portugués, o do Norte e a Vía da Prata. Cada peregrinación influíu na evolución do seu estilo, pasando do estudo da luz a unha exploración máis recente da cor.

As obras expostas son interpretacións visuais das paisaxes, as atmosferas e as sensacións vividas nestas viaxes. Partindo da fotografía, Beyró crea unha “nova memoria”, unha topografía de xesto e materia que, para el, é máis fiel á experiencia do camiñar que á propia imaxe documental. A mostra traza un paralelismo coa busca de iluminación que desde fai miles de anos levou ao pobo celta a conectar coa terra e coa natureza, perseguindo o último sol de Fisterra.

“Galaica”, que comezou o seu percorrido en Ourense, agora presenta no Vello Cárcere una selección de pinturas e debuxos, incluíndo novas obras, que convidan ás persoas espectadoras a unha dobre viaxe: a recoñecer a paisaxe a distancia e a perderse, de cerca, na materialidade da obra.

 

📆Do 15 de setembro ao 15 de outubro do 2025
📌Celas de mulleres – planta baixa

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.