Dentro da nova edición do “Lugo Máxico”, O Vello Cárcere acolle esta semana unha exposición temporal titulada “Gabinete de Curiosidades”.
Trátase dunha mostra que reúne unha pequena colección ecléctica que evoca ás cámaras das marabillas e ós gabinetes de curiosidades renacentistas, que serviron no pasado como expresión de sabedoría e poder. Pezas orixinais da era Paleolítica, aparellos ópticos máis recentes, manifestacións culturais americanas de índole relixiosa… A través dunha serie de obxectos singulares, o mago zamorano Paco González realizará os días 11, 12 e 13 as seguintes visitas guiadas:
- Visitas a escolares:
- 11:00 e 12:30h.
- Visitas para público adulto (maiores de 8 anos):
- 17:30 e 19:00h.
Máis información:
982 297 195