A práctica artística de More de la Cal céntrase na FOTOGRAFÍA, nesta ocasión como exploración da materia en abstracto, buscando establecer un diálogo entre o permanente, a luz e a textura de Obras de diferente temática cun nexo común, a técnica. Esta proposta de produción resoa estreitamente ca novidade da súa estética.
Recibiu varios primeiros premios e expuxo en infinidade de galerías españolas e europeas. Ao mesmo tempo que publica os seus traballos en varias Revistas de Arte e Guías Nacionais, quedan en depósito algunhas das súas Obras no Museo de Arte Galego en Santiago de Compostela, no Servizo de Patrimonio Documental e Biográfico e na Deputación Provincial de Pontevedra.
“A técnica resulta inédita tanto pola pintura empregada como polo proceso, posto que para a súa realización procedo a pintar os clichés (negativos) con lupas de gran aumento. Posteriormente son traducidos por un Duplicador 35 T-zoom conectado ao corpo dunha cámara Reflex. As fotografías preséntanse sobre un soporte Dibond, rematadas cun acabado anti reprodución polo seu código de burbullas en 3D con esmalte frío que cargan de viveza a Obra, o que fai que cada Obra sexa única.”
More de la Cal
📍 Celas de homes – planta baixa
🗓️ Do 1 de xuño ao 30 de xullo do 2026
