Saltar ao contido

EXPOSICIÓN TEMPORAL ‘ESTRATEXIAS DE EXPLOTACIÓN’ – Catara Rego e Alejandro Rego

A mostra reúne os traballos dos fotógrafos galegos Catara Rego e Alejandro Rego , que investigan as consecuencias paisaxísticas que experimenta o territorio en relación ao uso que lle da na actualidade a sociedade galega. Trátase de dous proxectos fotográficos que se complementan e conflúen nunha mesma dirección a través de propostas visuais diferentes:

“Zona de sacrificio” (2021-actualidade), polo que Catara Rego recibiu o Premio Descubrimientos PHotoESPAÑA 2023, explora diferentes lugares de Galicia destinados á produción de materias primas, como plantacións de eucaliptos, encoros de auga, parques eólicos ou minas.

Con “A Chaira” (2017-actualidade), que vén de estar exposta en institucións como a Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, Alejandro Rego aborda outras formas de “explotación” a través da gandería, dende unha perspectiva máis persoal e familiar.

📆 Do 15 de decembro do 2023 ao 15 de febreiro do 2024

📌 Bloque de homes – 2ª planta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *