Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Esguello’ – Carolina Munáiz e Genaro da Silva

Esguello é o título da nova exposición que acollen as celas da planta baixa do panóptico. 

Trátase dun proxecto da artista Carolina Munáiz e do escritor Genaro da Silva que explora, segundo os autores, ‘as orixes da pintura e o xermolo da palabra’; algo que mesmo se materializa no propio proceso creativo da obra, no que a pintura se amasa coas mans e a poesía xorde froito dela.

Precisamente, as conexións que se establecen entre imaxes e verbas pretenden facer reflexionar ao espectador sobre o nacemento das emocións e da sensibilidade a partir da arte.

A mostra poderá visitarse ata o 23 de xuño de 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *