Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Eros – Tánatos’ – Sonia Rey

“Eros-Tánatos” é a nova exposición temporal da segunda planta do bloque de mulleres.

A través deste proxecto, a fotógrafa asturiana Sonia Rey (Xixón, 1981) reflexiona sobre a dualidade da vida e a morte dun xeito sensíbel e á vez tenso.

Tanto os autorretratos coma os cemiterios representados nesta mostra aparecen unidos por un fío conductor que busca sempre a estética fotográfica. Porque, secundando á autora, “o corpo de Eros, non esquezamos, que será o mesmo que o de Tánatos”.

📅 Do 3 ao 31 de agosto

📌 Segunda planta do bloque de mulleres

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *