Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Epítome’ – Xosé Manuel Otero

Epítome” é o proxecto fotográfico que Xosé Manuel Otero presenta no espazo de mulleres. 

Esta mostra temporal recolle un conxunto de fotografías tomadas e impresas entre finais dos anos 70 e comezos dos 2000, que representan a vida urbana e rural galega, a relixión, o lecer, e tamén a paisaxe e a abstracción.

Nestes enfoques, salpicados case sempre pola figura humana, o espectador percibirá o valor etnográfico que subxace en cada unha das súas obras.

A mostra poderá visitarse ata o 15 de setembro na primeira planta do panóptico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *