«O nose é un proxecto creativo formado por un grupo de mulleres cada unha co seu estilo e coa súa forma de crear.
Expoñer o que facemos é un xeito de vindicar ás pintoras na Historia da Arte, a miúdo invisibilizadas polo traballo dos homes.
Coa nosa obra queremos convidar ás persoas visitantes a compartiren a nosa propia maneira de expresar, de sentir e de crear.»
Mar Carballo Cela
Artistas: Ana Rodríguez (Anama), Alejandra Aranzana, Carmen Prado, Concetta Montenegro, Isabel Rodríguez, Majo Penas, Luisa Paz
Abril e maio do 2026
Bloque de mulleres – 1ª planta
