Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós’ – USC, Asociación Ceramolóxica Canaveira, FECYT

“O obxectivo desta exposición é amosar unha serie seleccionada de 250 pezas cerámicas singulares e de uso cotián na casa galega producidas nos catro centros oleiros máis importantes de Lugo. Esta mostra axuda a ofrecer, con enfoque científico, unha imaxe realista da riqueza oleira e do modo de vida de épocas pasadas na Galiza.

Este é un dos esforzos expositivos e de divulgación científica sobre a olaría tradicional luguesa máis relevante desde os estudos de Luciano García Alén e froito dun traballo conxunto e colaborativo de coleccionistas, arqueólogos e arqueólogas e persoal investigador da USC desenvolvido a partir dun proxecto de divulgación científica da FECYT.”

  • Do 29 de febreiro ao 17 de maio do 2024
  • Todo o espazo expositivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *