Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Cloudscapes’ – Daniel Agra

“Cloudscapes.

Materia da que están feitos os soños, son o imaxinario do ceo co seu pasar desfigurado, tumultuoso e disperso, mais para abranguelas hai que erguer a ollada e comeza a viaxe ao lugar onde se depositan as formas do mundo, un lenzo para ver alén dun horizonte sen límites, e así a maxia fai da nada unha eternidade, formando parte indisolúbel da realidade da vida, conectando o aparentemente inconexo cando é bicado pola luz, desexo e emoción mudan o mundo e as posibilidades vólvense ilimitadas, converténdose no ollo da alma, facéndonos infinitamente máis humanos.”

Deste xeito concibe Daniel Agra a exposición temporal que presenta dende hoxe nas celas de mulleres. E é que, ‘Cloudscapes’ plantexa unha experiencia que envolve e mergulla, non só coa poética visual das súas fotografías, senón coa intención e o coidado posto nos pequenos detalles que, sen dúbida, contribuirán a espertar en nós o resto dos sentidos.

📅 Do 20 de outubro ao 15 de decembro de 2023

📍 Celas de mulleres – 1ª planta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *