Segundo as palabras da propia artista, Elena Velasco, “Cicatriz” é a “materialización en cerámica da miña experiencia vital dos últimos anos, froito de padecer un cancro hematolóxico con moi mal prognóstico, que desembocou en sete anos ininterrompidos de durísimos tratamentos”.
Esta mostra trátase dun percorrido íntimo a través das diferentes fases deste longo proceso. Neste percorrido, a artista busca establecer vínculos cas/os visitantes da exposición, apelando directamente ás súas emocións e experiencias e invitándolles a reflexionar tamén sobre os seus propios procesos persoais.
🗓️ Do 4 de setembro ao 15 de novembro
📌 Primeira planta do panóptico
