Saltar ao contido

Exposición temporal ‘Atlánticas’. Mulleres do Nordés’-Viki Rivadulla

Viki Rivadulla preséntanos ‘Atlánticas. Mulleres do Nordés’, a súa mostra en homenaxe ás mulleres da Costa da Morte. Este conxunto de acrílicos amosan unha visión onírica da figura femenina do litoral galego, ao cal tamén pertence a súa creadora.

A través desta representación de mulleres e símbolos mariños, a artista transmite unha forma de vida e unha cultura do mar da que forma parte e que nos últimos tempos periga. É un canto de resistencia e liberdade nas voces das mulleres do mar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *