As cores do Respecto é un proxecto artístico que reivindica, a través da pintura, a loita contra o racismo. Este espazo busca concienciar, visibilizar a diversidade e consolidar a arte como ferramenta de transformación social. As obras presentan como protagonistas a persoas negras acompañadas de símbolos e elementos propios da cultura africana. A forza expresiva das cores vivas, inspiradas nas pulseiras e nas vestimentas tradicionais, dálle vida ás peles e aos rostros retratados, converténdose nun símbolo de alegría, dignidade e da inmensa riqueza cultural que ofrece este continente. Os degradados que percorren cada lenzo están inspirados nas cores panafricanas — verde, amarelo e vermello—, que evocan a natureza, a riqueza e a loita pola liberdade. Nadas inicialmente como creacións dixitais, estas ilustracións medraron ata transformarse en acrílicos sobre lenzo e en murais, que reivindican diversidade, orgullo e respecto. Esta exposición é, en definitiva, un espazo que convida á reflexión, lembrando que na diversidade está a nosa maior riqueza.
📆Do 3 ao 30 de setembro do 2025
📌Celas de mulleres – 2ª planta
