Exposición temporal «A persistencia dos restos » – Blas Lamela e Paul Mena

“A Persistencia dos Restos” é unha exposición conformada por sete esculturas monumentais de ferro, construídas a partir de materiais de refugallo: palieres, tubos de escape, capós, manómetros, engrenaxes, latas, parafusos, cerámica fragmentada e compoñentes electrónicos, entre outros. Cada peza, de entre 2,5 e 3,3 metros de alto, é unha estrutura vertical que funciona como un arquivo da memoria material do mundo rural galego—obxectos descartados das aldeas de Prado, Sanxurxo, Outeiro e Ernes que atopan unha nova existencia como obra de arte.

As obras dialogan cunha longa tradición de arte povera e assemblage, pero enraízanse nun lugar e nunha memoria moi concretos: a Galicia rural, que non se presenta aquí como un espazo idílico, senón como o escenario dunha modernización brusca e repentina, cos seus garaxes repletos de ferramentas, a súa maquinaria, os seus tractores en desuso e os seus silos baleiros. Blas describe así a súa obra: “Todos teñen alma, moitos recordos e unha historia detrás. Cada ferro, cada lata que usei veu de Prado, Sanxurxo, Outeiro, Ernes. Estas obras que veño facendo dende o ano 2020 son unha nova forma de darlle vida aos resto e ás cousas olvidadas, ao que quedou atrás. Expoñer e a miña maneira de compartilos ca xente, e tamén de mirar mais lonxe.”

📍 Bloque de mulleres – 1ª planta

🗓️ Do 12 de xuño ao 30 de xullo do 2026

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.