Exposición temporal «A arte oculta» – Luis Miranda

“Comecei fai case vinte anos a pintar da man do pintor mariñán D. Ángel Carregal, o que, coa súa infinita paciencia e bo facer, ensinoume o que sei, para seguir despois como autodidacta.

Para min a pintura é un medio de comunicación cun mesmo e co que me rodea; o concepto é tan importante como a propia peza e a súa riqueza plástica, por iso trato de que o que fago sexa atractivo e atraente para quen o mira. Non pretendo unha comunicación directa xa que a experiencia vital de cada persoa condiciona o seu modo de entender o mundo e a mensaxe artística que eu lanzo non ten por que corresponder co que capta o receptor do mesmo. Esa linguaxe aberta e esa ambigüidade é o que máis me atrae da arte, non é gramática nin matemáticas, a lóxica e as normas aquí resúmense en luz, sombra e cor.

Todo o que fago é consecuencia do que fixen no pasado, do que fago no presente e do que vexo no futuro. Asi é a miña humilde achega a esta linguaxe da pintura.”

 

🗓️ Do 30 de setembro ao 30 de novembro de 2024

📌 Bloque de homes – 1ª planta

 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.