A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organizou unha mostra de ilustración para conmemorar o seu 20º aniversario.
Trátase dunha exposición colectiva composta pola obra dun amplo número de artistas asociadas/os. Está enmarcada dentro do XXI Encontro Galego de Ilustración, evento que tivo lugar en diferentes escenarios da cidade de Lugo, entre eles O Vello Cárcere. Este encontro de caracter anual abrangue exposicións, charlas, presentacións e obradoiros en torno a este mundo.
🗓️ A partir do 25 de outubro
📌 Celas de mulleres: planta baixa