Onte nas nosas redes estivemos falando dun elemento arquitectónico moi recoñecible dentro do conxunto formado polos tres edificios do cárcere.
O arquitecto Nemesio Cobreros decidiu reproducir unha cercha de estilo Polonceau – un modelo francés patentado por Jean Barthélémy Camille Polonceau no ano 1837– que sostén toda a estrutura de madeira do teito do patio interior do cárcere, na zona dos homes.
Esta fermosa estrutura arquitectónica coroa o panóptico de O Vello Cárcere, pero existen moitos máis exemplos deste elemento noutros edificios, moi típicas son as cubertas das estación de ferrocarrís de París, como a Estación Norte (Gare du Nord), a Estación de Lyon (Gare de París Lyon) e a Estación de San Lázaro (Gare Saint Lazare).
