Espazo Expositivo Permanente – Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

A Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere.

A mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía, Gravado e Técnicas de Estampación, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao). Sen embargo, entre todas estas celas, nun lugar central, sitúase a maqueta da Escola, realizada polos alumnos de Deseño de Interiores nos anos oitenta do pasado século. Recentemente restaurada, hoxe inclúe fotografías de alumnado e profesorado, habitantes da escola que representan a vida que caracteriza a este centro. Porque, moito máis que historia (como amosan os cadros de lembranzas que penden das paredes da cela institucional), a Escola Ramón Falcón é presente e futuro das ensinanzas artísticas e de deseño na cidade de Lugo.

 

📆 Aberta ao público durante os vindeiros meses

📌 Bloque de homes: 2ª planta