Espazo de lecer

Chega o verán, e con él damos por rematados os nosos “contacontos miúdos” 📖 e “obradoiros xeitosos” 🎨. Pero lembrade! Seguimos sábados, domingos e festivos co Espazo de Lecer, un espazo especialmente pensado para que os máis pequenos poidan xogar e aprender 🧩. 

📌O horario de quendas é o seguinte:

  • Quendas de mañá: 11:00 – 12:30h.

                                          12:30 – 14:00h. 

  • Quendas de tarde:  17:30 – 19:00h.

                                           19:00 – 20:30h. 
📌Podédes consultar aquí as normas do Espazo de Lecer.

Corre! Reserva a túa praza: ☎️ 982 297 195  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Espazo de lecer

Espazo de Lecer

O Espazo de Lecer é un servizo innovador de conciliación familiar pensado para que nenas e nenos de entre 3 e 8 anos poidan xogar e aprender nun espazo especialmente deseñado para elas e eles mentres as súas nais e/ou pais visitan o centro.

Dúas monitoras organizan continuamente diversas actividades e obradoiros a través dos cales as rapazas e rapaces afianzan unha serie de valores, así como conceptos relacionados coa historia do edificio e as exposicións que alberga, dun modo lúdico e educativo.

O horario deste espazo, que é totalmente gratuíto é o seguinte:

  • Sábados, domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h. e 17:30 a 20:30 h.