Despois dun verán cheo de aventuras volve o Espazo de Lecer!🧩 Asi que, que os máis pequenos vaian cargando as pilas para vir ler 📖, debuxar 🎨 e xogar ⚽ durante o “Tempo de Lecer”.
Recordade que vos esperamos os sábados, domingos e festivos nas seguintes quendas:
📌Quendas de mañá: 11:00-12:30h. / 2ª quenda: 12:30 – 14:00h.
📌Quendas de tarde: 16:00-17:30h. / 2ª quenda: 17:30 – 19:00h.
📝Podédes consultar aquí as normas do Espazo de Lecer: Normas Xerais para o uso do Espazo de Lecer Infantil
Recoméndase inscrición previa a partir dos luns (inclusive): ✉️vellocarcere@lugo.gal
Máis información: 982 297 195
