«Ensambleisaac», Paco Díaz

#TalDíaComaHoxe | #LibroSalvado

«Ensambleisaac», Paco Díaz

 

#TalDíaComaHoxe , no ano 1920, nacía Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920 – A Coruña, 2012), un dos referentes culturais máis importantes da Galicia contemporánea. 

🏺 Cerámicas de O Castro, creada en 1949, foi para Isaac un espazo de experimentación e aprendizaxe. Anos despois, en 1963, creaba xunto con Luis Seoane o Laboratorio de Formas, un proxecto de recuperación da cultura, da industria e da identidade galegas. O restablecemento da antiga fábrica de Sargadelos foi unha das grandes expresións deste proxecto.

É precisamente como homenaxe a esta figura imprescindible que xorde “Ensambleisaac”, o noso #LibroSalvado deste mes de agosto.

🩵 Paco Díaz, fascinado por “o home máis querido de Galicia”, reúne neste proxecto coral diferentes artistas e linguaxes —cerámica, literatura, artes plásticas e música— para achegarnos a Isaac Díaz Pardo e construír, desde múltiples miradas, o retrato dunha das figuras máis senlleiras da cultura galega.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.