Enriqueta Otero

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Enriqueta Otero

 

Nas visitas guiadas sentimos que o que máis chega e emociona sempre son as historias persoais, con nome e apelidos. Por iso adoitamos contarvos as experiencias vitais e carcerarias de diferentes personaxes que cremos conforman a memoria colectiva de O Vello Cárcere e tamén, dalgún xeito, da cidade de Lugo.
 
Unha das vidas que sempre contamos é a de #EnriquetaOtero, unha muller de Castroverde, mestra, enfermeira, política activista e guerrilleira; unha das moitas mulleres que pasou pola antiga Prisión Provincial de Lugo durante os durísimos anos da posguerra. Foi detida en 1946, tras anos escondida e condenada por participar na resistencia armada. As torturas mentais e físicas que recibiu durante a súa estancia neste centro, son das máis cruentas ata o momento coñecidas.
“No podían pegarme a causa del yeso, pero me colocaban en posiciones incómodas durante horas y horas, sin que yo pudiese moverme en absoluto.” (Enriqueta Otero)
 
Para aprender máis sobre ela, recomendámosvos ler a seguinte entrevista que concedeu a finais dos anos oitenta, xusto antes de morrer, na radio COPE, así coma mergullarvos nos documentos que recolle culturagalega.gal no seu Álbum de Mulleres:
 
🔸 Hai alguén que a coñecera? Podedes compartir algunha lembranza?
🔸 Hoxe en día, Lugo ten unha rúa co seu nome. Sabedes onde está?
🔸 Tamén existe una asociación en honor a ela e ao seu traballo. Sabedes como se chama?
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.