Xa dende comezos de setembro temos anunciado na recepción do noso centro o #LibroSalvado deste mes: Engurras, de Paco Roca.
Esta banda deseñada cóntanos como Emilio trata de adaptarse á súa nova realidade nunha residencia de anciáns, mais tamén a un novo compañeiro de vida: o alzhéimer.
Hoxe, #DíaMundialdoAlzhéimer, rescatamos esta conmovedora historia que relata a dura batalla contra a vellez. Premio Nacional do Cómic en 2008, foi levada ao cine por Ignacio Ferreras no 2011, alzándose co Goya á Mellor Película de Animación e ao Mellor Guión Adaptado, polo que vos animamos un mes máis a gozar do combo cómic
+ película
!
Publicada orixinalmente en castelán, grazas a El Patio Editorial podemos desfrutar dela tamén en galego. 


