O fotógrafo lucense José Luis Fernández Liz, presentanos a súa exposición ‘Enfocando a la mujer silenciada’ onde visibiliza as desigualdades que sofren as mulleres en distintos países. A través do seu obxectivo retrata aspectos do cotidiano onde acontecen as desigualdades polos roles de xénero establecidos. Situacións como o traballo infantil e a prostitución tamén se ven reflexadas ao longo desta mostra.
O autor trae ao discurso se as manifestacións culturais como a imposición dunha terminada vestimenta, o velo islámico, teñen como fundamento unha tradición ou un sometemento da muller.
Esta mostra estará exposta na primeira planta de mulleres ata o 27 de febreiro.
