Encarnación Ferreiro García é a #PersonaxesDeOVelloCarcere deste mes.
Moitas e moitos de vós cando entrades a visitar a planta baixa do panóptico vos extrañades dunha mesa camilla que se atopa nunha das celas individuais, entre a cela dos nomes e a cela de recreación. Trátase da mesa camilla orixinal de parto datada entre os anos 1920 e 1950, onde as mulleres, como Encarnación, daban a luz dentro do Cárcere.
Encarnación tiña 17 anos cando entrou neste cárcere o 30 de abril de 1938, e non sabemos se entrou embarazada xa, ou quedou embarazada unha vez dentro, debido ás violacións ás que soían someter ás mulleres. O certo é que saiu do cárcere xusto nove meses despois da súa entrada, o 26 de decembro dese mesmo ano. O seu delito fora ‘rebelión’.
