Elisa e Jimena Fernández De La Vega Lombán

#ELAS

Elisa e Jimena Fernández de la Vega Lombán

#25N

🟣 Hoxe, a través da exposición permanente #ELAS, recuperamos a historia das xemelgas Elisa Fernández de la Vega Lombán (Vegadeo, 1895-Zaragoza, 1933) e Jimena Fernández de la Vega Lombán (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984), vítimas e heroínas que, a comezos do século XX, souberon sobrepoñerse á intolerancia e á inxustiza.

Seguindo os pasos do seu pai, o doutor castroverdés Wenceslao Fernández de la Vega, e co alento da súa nai, Dolores Lombán, estas irmás ingresaron na Facultade de Medicina, tan só 3 anos despois da promulgación do Real Decreto de 1910. Esta normativa permitía por primeira vez en España o acceso das mulleres ao Ensino Superior en igualdade de condicións. Sen embargo, ambas tiveron que soportar burlas constantes nos corredores, e a reticencia xeneralizada por parte do profesorado, ata o punto de decidir abandonar a aula en plena clase e tomar a decisión de examinarse por libre.

Tal valentía obligou ao avergoñado académico a facer que varios compañeiros de estudos intercedesen e, finalmente, pediulles desculpas. Elisa e Jimena remataron os exames finais da carreira coas mellores cualificacións da súa promoción, converténdose nas primeiras mulleres que se licenciaron en Galicia, no ano 1919.

A violencia adopta moitas formas.

📷 El Español (4 de agosto de 2017). “Las prodigiosas gemelas de la Vega, científicas y tías de una vicepresidenta”: www.elespanol.com/ciencia/investigacion/20170804/236477022_0.html