Saltar ao contido

Rosa Parks

Bos días a todas e todos!

Hoxe erguémonos cunha figura moi relevante na loita polos dereitos civís: Rosa Parks que estudou no colexio industrial de Montgomery e no colexio para mestres en Alabama e fíxose coñecida ao negarse en 1955 a cederlle o asento do autobús a un home branco.
Na época en que aconteceu isto, en EEUU a segregación racial, o racismo, estaba lexislado. En 1950 fíxose activista e logo secretaria da National Association for the Advancement of Colored People en Montgomery. Loitou toda a súa vida en prol dos dereitos de todas e todos!

Aquí vai a nosa pequena homenaxe!

Deixámosvos esta lámina para que nos amosedes como vedes a Rosa Parks. Animamos ás e aos peques da casa a participar e a que compartades con nós os vosos debuxos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *