O #LibroSalvado co que comezamos este novo ano é a novela gráfica “El invierno del dibujante”, do galardoado historietista Paco Roca.
En 1957, a profesión de historietista era considerada un oficio no que os seus servizos eran prestados baixo uns términos limitados. Cobraban por viñeta ou por páxina, e perdían todos os dereitos de autor sobre os orixinais e sobre as personaxes, a cambio do diñeiro cobrado.
Se queredes facer un percorrido polos inicios do mundo do tebeo no noso país durante os anos da ditadura, e descubrir quen estaban detrás de personaxes tan entrañables como Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape ou Capitán Trueno, só tedes que darlle unha oportunidade a esta novela gráfica.
