🎐 Desta volta, o noso #LibroSalvado lévanos ata Xapón!
“El crisantemo y la espada” constitúe un clásico imprescindible para coñecer de preto a cultura nipona. A antropóloga estadounidense Ruth Benedict (Nova York, 1887-1948) trata neste estudo os complexos patróns xaponeses, que explican non só o militarismo de tempos pasados, senón tamén a fabulosa expansión pacífica levada a cabo polo pobo de Xapón dende o final da II Guerra Mundial.
Boa lectura! 📖