Consuelo Alonso González

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Consuelo Alonso González

 

Outra das historias de mulleres presas que adoitamos contar nas visitas guiadas é a de Consuelo Alonso González, unha das máis inxustas e impactantes. Natural de Gijón, vivía en Monforte onde traballaba coma vendedora de xornais.
 
En decembro de 1937 foi detida tras ser acusada de “difundir ideas y noticias tendenciosas contrarias al Movimiento Regenerador y Salvador de España”. En febreiro de 1938 foi conducida a Lugo e sometida a un consello de guerra o 14 de febreiro, acusada de adhesión á rebelión militar con agravante e condenada a morte.
 
O 13 de maio de 1938 Consuelo convírtese na primeira muller fusilada tras un xuízo militar. Aínda que moitas mulleres foron asasinadas durante a guerra civil e a posguerra, moi poucas foron fusiladas tras ser xulgadas en consello de guerra, pois todas, agás Consuelo Alonso, pereceron abatidas sen proceso xudicial. Os xuízos, todo sexa dito, non tiñan garantía procesual ningunha.
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.