Concepción Arenal

#TalDíaComaHoxe

Concepción Arenal

 

#TalDíaComaHoxe en 1893 morreu Concepción Arenal, 5 anos despois da inauguración deste cárcere.

A miúdo, nos obradoiros infantís e xuvenís do Espazo Didáctico e mais da Biblioteca, a súa figura sérvenos para tratar aspectos como os valores sociais, a igualdade e o sentido da xustiza que ela sempre tivo e cultivou. Pero tamén para establecer sinerxias con este espazo, pois algo que adoitamos salientar dela é que foi a primeira muller en ostentar o cargo de “Visitadora de Prisiones de Mujeres” (1863).

Na súa preocupación por mellorar a situación dos cárceres e humanizar o trato ás presas e tamén aos presos, Arenal denunciou as vexacións e as malas condicións que sufrían estas persoas a través de obras como “Cartas a los Delincuentes” (1865) ou “Estudios penitenciarios” (1877). A defensa da incorporación de medidas preventivas e de reinserción social, teorizadas nunha extensa obra escrita, constituíu unha importante aportación á reforma do sistema penitenciario español, que a finais do século XIX se proxectou nos Cárceres Modelo.

🎨 Velaquí unha mostra das bandas deseñadas que realizaron algúns dos nosos peques sobre a súa historia!

 

Fontes:

CABALLÉ, Anna. (2018). Concepción Arenal (Colección españoles eminentes), España: Taurus.

CONSELLO DA CULTURA GALEGA: consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=193

LÓPEZ SOUTO, Á. (2004) Concepción Arenal. A Coruña. Baía.

PROYECTO PRISIONES: www.proyectoprisiones.es

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.