Clubs de lectura 2026/2027

 

Os Clubs de Lectura da #BibliotecaOVelloCárcere están de volta co curso 2026/2027! 📚 

Tres clubs para ler en compañía, un diferente cada sábado de 12:00 a 13:00 h. 

 

🐭 Club de lectura infantil «Ratiños de Biblioteca» → rapazada nada entre 2013 e 2017

Encontros literarios nos que trataremos historias que conecten cas máis pequenas/os dunha forma amena e divertida, a través de conversas, actividades e xogos. 

– Primeira sesión o sábado 7 

 

📖 Club de lectura sobre Memoria Democrática e historia global «Ler a Memoria» → público xeral adulto

Encontros literarios, para achegarnos, a través da lectura, ás diferentes formas de vivir, lembrar e contar os conflitos do pasado e do presente. 

– Primeira sesión o sábado 14 de novembro, na que xa comentaremos a primeira lectura 

 

📖 Club de lectura sobre Feminismo «En-clave feminista» → público xeral adulto 

Encontros literarios onde se xuntan voces feministas de autoras de diferentes épocas cas nosas propias. Un espazo de acompañamento e de reflexión. 

– Primeira sesión o sábado 28 de novembro, na que xa comentaremos «De las mujeres», de Susan Sontag. 

 

Se queredes participar, enviádenos un correo electrónico indicando nome, apelidos, teléfono e o club no que vos queredes inscribir: 

 

✉️ vellocarcere@lugo.gal 

Máis información: ☎️ 982 297 195 

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.