Durante a década de 1920, o campo andaluz comezou a mobilizarse ante o sistema de explotación, e ante o acrecentamento das desigualdades e desavinzas entre os que traballaban a terra e os que a posuían. Jerez de La Frontera (Cádiz) convertiuse nun dos principais focos desta loita. O 10 de xullo de 1923, convocouse unha folga nesta cidade que durou aproximadamente un mes, e que resultou nunha violenta represión por parte da Garda Civil contra os folguistas e os asentamentos xitanos da zona.
Cando esta loita e esta represión chegaron aos oídos do poeta Federico García Lorca, plasmouno no seu “Romancero gitano”, máis concretamente no poema “Romance de la Guardia Civil española”. Velaquí uns versos:
“Un vuelo de gritos largos
se levantó en las veletas.
Los sables cortan las brisas
que los cascos atropellan.
Por las calles de penumbra
huyen las gitanas viejas
con los caballos dormidos
y las orzas de monedas.”
Segundo o investigador Miguel Caballeros, tanto este poema como outras alusións que fai no propio romancero á dita violencia, puideron ter influido en grande medida no seu posterior asasinato.
📻 Hoxe, Día Internacional do Pobo Xitano, recuperamos estes feitos a través do #SonsdaLembranza deste mes, que ven da man de Marea con “Ciudad de los gitanos”, onde recollen fragmentos deste romance.
Fontes:
📝 “Huelga agrícola y represión: la intrahistoria del Romance de la Guardia Civi de García Lorca”, El Salto: https://www.elsaltodiario.com/poesia/huelga-agricola-represion-intrahistoria-romance-guardia-civil-garcia-lorca
