Celia Rivas Casais

#ELAS

Celia Rivas Casais

 

📖 Pasamos as páxinas da peza central desta exposición —froito da investigación da profesora e ensaísta Aurora Marco— para deternos na biografía da empresaria Celia Rivas Casais (Calcova, Fisterra, 1912 – Fisterra, 1974); a primeira muller camioneira en España.

Nada nunha familia ligada ao transporte de peixe, Celia asumiu un papel que era territorio exclusivo dos homes. Con 19 anos obtivo o carné e comezou a conducir camións. Á morte do pai faríase cargo, canda as súas irmás, do negocio familiar, nun contexto, o dos anos trinta, marcado polas profundas desigualdades de xénero.

Época na que tamén tivo que encarar as dificultades da Guerra e a crueza da represión franquista. De feito, para evitar que o exército lle incautara o vehículo, a modo de supervivencia, ofreceuse voluntaria para transportar ela mesma aos soldados. É así como puido axudar ao bando republicano, asistindo ou intercambiando información decisiva para a liberación dalgunhas persoas.

🚛 Esa mesma coraxe e determinación por saír adiante levaríaa, xa dende os primeiros anos de “Hijos de Rivas”, a desenvolver un tecido empresarial importante vencellado ao mar; isto supuxo un crecemento económico fundamental na súa terra.

Fontes e fotografía:

– Exposición “Elas” – Aurora Marco e varias artistas

– Agrupación Cultural Alexandre Bóveda: acorunhadasmulleres.gal/celia-rivas-casais/

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.