A personaxe desta semana non podía ser outra que unha muller.
Trátase de Carolina Amigo Abella oriúnda de Cervantes e labradora de profesión, foi acusada de axudar aos fuxidos.
O seu castigo foi caer presa o 27 de xuño de 1940 neste cárcere, no bloque de mulleres que vedes na imaxe, para posteriormente ser conducida ao Campo de Concentración de Figueras (Cataluña).
Non temos imaxes de Carolina, pero dende aquí rendémoslle esta sentida homenaxe a ela e a moitas máis que padeceron baixo o xugo do fascismo, que foron recluídas nas celas dos cárceres e estigmatizadas de por vida por axudar ao próximo.
Créditos info: «A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940)». María Jesús Souto Blanco.
