Volve o Campamento de Verán O Vello Cárcere! A programación de verán que organizan conxuntamente os departamentos da Biblioteca e do Espazo de Lecer para rapaces e rapazas empadroados/as no Concello de Lugo, nados/as entre os anos 2014 e 2022 (ambos incluídos).
As actividades organizaranse por quendas quincenais de 20 prazas, comprendidas entre o 29 de xuño e o 4 de setembro do 2026, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h.
📢 Número de prazas por quenda:
20 prazas (reservarase un 25% das prazas ofertadas para nenos e nenas derivados polos equipos de intervención con familias do Excmo. Concello de Lugo).
As familias interesadas poderán solicitar praza dende o luns 15 de xuño ás 11:00h ata o venres 19 de xuño ás 20:00 h, enviando un correo coa ficha de inscripción cuberta, tal e como se recolle nas bases do programa.
O impreso de solicitude de inscrición está dispoñible aquí.
Ademais, adxuntamos o formulario de autorización de recollida para casos puntuais.
Esta actividade é de balde.
Para máis información:
- Teléfono: 982 297 195
- Correo electrónico: vellocarcere@lugo.gal


Pingback: CAMPAMENTOS CONCELLO DE LUGO – ANPA ABELLA CEIP CASÁS