Brígida Muñiz

#ELAS

Brígida Muñiz

 

 
Brígida Muñiz Suárez, nada en Boiro, foi a primeira muller concelleira de Boiro. Represaliada pola súa faceta política, pertenceu á Sociedade “La Fraternidad” de ideoloxía socialista, fundada en 1931. Nai de familia numerosa, tiña duas fillas e dous fillos, labrega de profesión, entrou no goberno municipal a raíz das eleccións do ano 1936, dentro da coalición conformada por galeguistas, socialistas e republicanos de esquerdas.
 
Ela destacou por ter unha personalidade intransixente coas inxustizas, xenerosa e solidaria, cun comportamento exemplarizante segundo fontes familiares. Coa sublevación militar foi perseguida e represaliada, embargáronlle as vacas, foi rapada e paseada polo seu pobo coas siglas UHP (Uníos Hermanos Proletarios) pintadas na súa fronte, mentres tocaba o tambor un sobriño dela.
 
Durante un mes estivo detida no Concello de Boiro, culpabilizada de roubar fondos municipais xunto co alcalde, Virel. Antes de deixala en liberdade, propináronlle unha malleira en “A Nogueira”, lugar habitual onde se realizaban estes actos. Faleceu no 1939, tres anos despois de quedar liberada, logo de estar loitando pola súa inocencia.
 
Fonte: “Elas” de Aurora Marco.
📸: Galicia Livre
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.