#PersonaxesdeOVelloCárcere | #TalDíaComaHoxe
Gregorio Sanz
Este ano cumpríronse 25 anos do estreo da película ‘A Lingua das Bolboretas’, de José Luis Cuerda, baseada no relato homónimo da premiada novela ‘Que me queres amor?’ de Manuel Rivas.
Esta historia amósanos o transcurso da vida no rural durante a II República, e faino a través da mirada inocente de Moncho, un neno acaecido cunha enfermidade respiratoria que o aparta da escola dende ben cedo. A súa incorporación tardía a aula convérteo nun ser cunha sensibilidade distinta á dos outros nenos.
Coa chegada abrupta da Guerra Civil, a vida tranquila no pobo vése interrompida e comeza o lamentable desfile de presos. O remate do filme, no que se nos presenta ao mestre don Gregorio subido ao carromato e cun destino pouco prometedor, ben podería ser a antesala do relato ‘Uno de tantos. Cinco años a la sombra’, de Gregorio Sanz (Segovia, 1900 – Ribadeo, 1997).
Se cadra, por mor das nosas visitas guiadas, moitos de vós xa coñecedes a relación entre Gregorio Sanz (mestre represaliado neste cárcere), e o mestre do relato ‘A Lingua das Bolboretas’. A historia de Sanz serviu de inspiración para o escritor Manuel Rivas. A súa vida, como a da maioría de docentes da II República, viuse truncada durante a etapa da Guerra Civil. #Taldíacomahoxe, hai 27 anos que finou este dinamizador pedagóxico, peza fundamental da nosa exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’.
Se queredes coñecer máis sobre esta figura e como foi o seu paso por este cárcere, podedes apuntarvos ás visitas guiadas nos seguintes horarios:
Venres: 17:30h.
Sábados: 11:15h. e 17:30h.
Domingos: 11:15h. (público familiar) e 17:30h.
Imaxes:
Imaxe 1: Fotograma do filme ‘La lengua de las mariposas’ (1997) de José Luis Cuerda
Imaxe 2: Retrato de Gregorio Sanz
Imaxe 3: Visita guiada en O Vello Cárcere