Belarmina de la Vega González | Mercedes Margolles

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Belarmina de la Vega González | Mercedes Margolles

 

▶ Como era habitual durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista, Belarmina de La Vega González e a súa filla Mercedes Margolles, foron detidas sen ningún tipo de proceso xudicial. O seu delito? Auxiliar ás fuxidas e fuxidos da represión franquista. Na posguerra, as veciñas e veciños que servían de enlace para informar das novas acontecidas tanto aos fuxidos coma aos guerrilleiros, foron duramente perseguidas polas autoridades para acabar con todo tipo de resistencia.

No caso de Belarmina e a súa filla, sabemos que, por esta acción, foron encarceradas en diferentes cadeas españolas (unha delas O Vello Cárcere), e que finalmente foron desterradas da súa aldea natal. Tristemente, non sabemos moito máis da vida destas dúas mulleres, quizais polo gran descoñecemento que a sociedade en conxunto tivo e ten sobre a situación das mulleres encarceradas durante o franquismo.

Para afondar máis sobre a relación entre veciñas, veciños e guerrilleiros, aconsellámosvos seguir de preto os traballos realizados en Casaio polo grupo arqueolóxico dos Sputnik Labrego.

E no tocante á situación das encarceradas durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista, recomendámosvos o documental ‘Del Olvido a la Memoria. Presas de Franco’, dirixido por Jorge Montes Salguero e producido por Lua Multimedia.

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.