‘Ritos e rituais de inverno’ é o título da nova exposición temporal que acollen as celas do segundo andar do panóptico.
Esta mostra, organizada pola Área de Antropoloxía Social e Cultural da USC, en colaboración coa AECT Duero-Douro, a Cámara Municipal de Torre de Moncorvo e a Academia da Máscara Ibérica, chega a Lugo despois dunha itinerancia por Zamora, Salamanca, Torre de Moncorvo (Portugal), Valladolid, Cáceres e Alfândega da Fé (Portugal). Nela exhíbese unha vasta colección de máscaras tramontanas asociadas a prácticas ancestrais do Entroido Tradicional Portugués, que pertencen ao coleccionista Nuno Jorge Rodrigues Gonçalves.
Do 13 de marzo ao 5 de maio do 2025
Celas de homes: 1ª planta
