«As músicas viaxeiras», Ramón Caride

#LibroSalvado

«As músicas viaxeiras», Ramón Caride 

👅 Feliz Día das #LetrasGalegas!!!

Non hai mellor ocasión que esta conmemoración para presentarvos o #LibroSalvado do mes: “As músicas viaxeiras” de Ramón Caride (XERAIS ).

Nesta historia xuvenil, literatura e música conflúen a través das súas protagonistas, como tamén guiaron o camiño da poeta homenaxeada este 2024, Luísa Villalta (A Coruña, 1957 – 2004). 🎻 Recollemos aquí as palabras que plasmou no prólogo do poemario “Música reservada” (1991), coas que vos convidamos a afondar na súa traxectoria e, aos máis peques, a ler este conto que salvamos con moito agarimo:

“A poesía é palabra melódica”.

📖 Boa lectura!