As irmás Touza

#TalDíaComaHoxe

As irmás Touza

 

“Las madres”, así era como chamaban ás irmás Touza de Ribadavia. Tres mulleres que na época da II Guerra Mundial, de xeito altruísta, colaboraron cunha rede de salvoconduto na península Ibérica, para salvar aos xudeus que viñan fuxindo do nazismo, axudándolles a cruzar a fronteira de Portugal.

#TalDíaComaHoxe, fai 45 anos faleceu Amparo Touza, a irmá mediana. Lola era a maior e Xulia a pequena. A súa fazaña foi coñecida por todos grazas a Antón Patiño Regueiro, un libreiro e escritor de Monforte de Lemos ao que, de xeito inesperado, lle chegou a súa historia.

Pero as Touza eran mulleres xa recoñecidas en Ribadavia polos seus actos humanitarios, pois acolleran a persoas fuxidas da Guerra de España na súa vivenda, ou mesmo ofrecendo sempre un prato de comida na súa casa a aquel que o necesitase. 

A súa bondade non tiña límites, e cando á estación de trens de Rivadabia acabaron chegando as vítimas do Holocausto, elas non puideron evadir o compromiso de prestarlles axuda. O seu quiosco e a súa casa convertéronse en refuxios, axudadas tamén por veciños da contorna, como Ricardo Pérez Parada, apodado “El Evangelista”, que lles facía de tradutor; ou o barqueiro, Ramón Estévez, que lles axudaba a cruzar as augas do río Miño.

A día de hoxe aínda se segue a investigar o número total de vítimas que salvaron, pero a cifra superaría probablemente as 500 persoas. As irmás Touza seguen a ser un exemplo de coraxe e loita polos dereitos humanos; un legado que perdura no tempo.

 

Fontes:

✍️“Tres hermanas de Ribadavia que salvaron de la muerte a cientos de judíos”. 7 de octubre 2022. UNED Ourense.

📷 “Tres hermanas de Ribadavia y la salvación del mundo”, Afonso Armada. Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/estela/2022/01/30/tres-hermanas-ribadavia-salvacion-mundo-62077071.html

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.