Antonio Mariño

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Antonio Mariño

 

O pasado novembro rescatamos a historia de Rogelio Arca Rivas, a través do cancelo #PersonaxesdeOVelloCárcere . Grazas ás notas que el mesmo foi escribindo durante a guerra e posguerra e que foron publicadas no “Álbum de guerra. Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República” (2008), puidemos descubrir tanto as súas vivencias como as doutras persoas cas que se foi cruzando durante este tráxico período.

Rogelio, atopándose en liberdade vixiada, en 1939 foi destinado á garda exterior do Cárcere de Lugo, onde aproveitou a súa posición para axudar na medida do posible aos seus compañeiros presos. El e o resto de sentinelas que se atopaban na súa mesma situación recollían de xeito clandestino as cartas escritas polos reclusos, para así poder entregalas ás súas familias.

Mais, como ben di o propio Rogelio nestas notas, “la felicidad dura muy poco en la casa del pobre”. Esta rede de apoio rematou cando, unha madrugada, un dos oficiais do cárcere interceptou estes escritos antes de que puideran ser recollidos polo vixiante de garda. Entre eles, atopábase un asinado por Antonio Mariño, de quen unicamente posuímos a seguinte información, recollida no álbum de guerra de Rogelio:

«Pero en medio de todas estas cartas se encontraba una especial, que fuera escrita por un compañero y amigo mío y a la cual los censores de la prisión fueron incapaces de descifrar el contenido de la misma, por encontrarse escrita en el verbo de los “arginas” (canteros), por lo que le ha costado a mi compañero y amigo Antonio Mariño, del lugar de Insua-Castrelo (Pontevedra) una soberana paliza, que lo dejaron morado, para que aclarase el contenido de la misma, por ser él quien la había escrito.»

O “verbo dos arginas” ou “latín dos canteiros” é unha linguaxe críptica que xurdiu dentro da tradición mineira galega como unha forma de transmisión de coñecemento, nunha época na que practicamente ninguén sabía ler nin escribir. Nesta ocasión, Antonio serviuse dela para salvagardar o contido da súa mensaxe ante a posible represión fascista, da que finalmente non se puido librar.

A el, a Antonio Mariño, lle dedicamos o #PersonaxesdeOVelloCárcere deste mes. 

 

Fontes:

📖 “Álbum de guerra. Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República” (2008), Rogelio Arca Rivas e Dionisio Pereira

📖 “El latín de los canteros, un dialecto tallado en Galicia” (04/07/2019). Minería Sostenible de Galicia: https://minariasostible.gal/es/el-latin-de-los-canteros-una-jerga-tallada-en-galicia/

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.