Antonio López Barro, «O Ruso»

#PersonaxesdeOVelloCárcere

Antonio López Barro, «O Ruso»

 

▪Antonio López Barro “O Ruso”
“(…) Si nuestros compañeros, por un golpe de audacia, no nos salvan, aquí terminarán nuestras azañas (sic). Salud.”

Este é un dos fragmentos que Antonio López Barro “O Ruso” escribira pouco antes de ser fusilado no noso cárcere, feito sucedido o 29 de decembro de 1936, á idade de 30 anos.

Nado en Asturias e criado en O Saviñao (Lugo), este oficinista de orixe humilde, de carácter autodidacta e ideoloxía marxista, destacou como dirixente de esquerdas sendo secretario xeral da Agrupación Socialista de Escairón. De feito, segundo a investigadora María Jesús Souto Blanco, participou activamente na formación dos grupos de obreiros saviñádigos, monfortinos e sarriáns que, tra-lo alzamento militar, dirixíronse a Lugo en apoio ó Gobernador Civil Republicano.

A pesar de ser apresado neste Cárcere, o certo é que o seu compromiso ideolóxico, e o seu espírito loitador nunca esgotaron, calificando nos seus escritos a súa situación de asasinato e atacando ós responsables da mesma. Deste xeito, as duras descricións que fai do persoal do Cárcere, ós que atribúe conductas corruptas e sádicas, advirten tamén as lamentables condicións físicas e psicolóxicas ás que eran sometidos os presos durante a guerra e a posguerra.

📷 Créditos da imaxe: Extraída da exposición permanente “O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra”

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.