«Anna Turbau. Galicia, 1975-1979», Anna Turbau

#LibroSalvado 

«Anna Turbau. Galicia, 1975-1979», Anna Turbau

 

Sempre é un bo momento para rescatar a obra de Anna Turbau, mais desta vez as súas imaxes do Entroido déronnos a escusa perfecta. “Anna Turbau. Galicia, 1975-1979” trátase dunha obra fotográfica documental e política, mais tamén se presenta como un testemuño directo e moi persoal dunha época chave na historia recente de Galicia. Así o expresaba a propia autora no ano 2012, nunha entrevista realizada pola artista, investigadora e profesora Rebeca Pardo:

✊ “Atopeime coa realidade galega case por casualidade, eran os principios dos setenta. Os movementos populares xurdían cunha forza que coincidía ca miña. O seu obxectivo era o meu, tanto vital como político. E alí quedei. Os tópicos sobre Galicia derrubáronse logo dunha historia repleta de silencio e sufrimento. O meu traballo era moi claro, saltar as barreiras do caciquismo, a censura e a represión policial.”

No ano 2023, O Vello Cárcere tivo o enorme pracer de acoller a súa mostra “A intimidade da imaxe”, puidendo contar ca presenza da propia fotógrafa. O vindeiro mes de marzo cúmprese un ano do seu pasamento; a súa ollada ficará para sempre. 

 

📸 1. “Entroido. Verín, Ourense, 1978”

📸 2. “Entroido, 1978”

📸 3. “Entroido, 1978”

📸 4. Inauguración en O Vello Cárcere da súa exposición «A intimidade da imaxe». Cultura e Turismo de Lugo

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.